Á oferta de actividades existente nas instalacións únense de xeito extraordinario outras programadas dentro da SEMANA DA DEFENSA PERSOAL, que se celebrará no Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel entre os días 14 e 18 de xaneiro.
C.D.SANTA ISABEL:
– luns 14 ás 17h. AUTODEFENSA. sala 3
– mércores 16 ás 9h e ás 11h. AUTODEFENSA. sala 2
– xoves 17 ás 17.30h. AUTODEFENSA. sala 3
– venres 18 ás 10.30h e ás 11.30h. AUTODEFENSA. sala 1
MULTIUSOS FONTES DO SAR:
– luns 14 ás 9h. AUTODEFENSA. sala 7
– martes 15 ás 10.30h, ás 11.30h, ás 18h e ás 19h. AUTODEFENSA. sala 7
– xoves 17 ás 9h. AUTODEFENSA. sala 7
ás 10h e ás 11h. LIGHT CONTACT. sala 7
– venres 18 ás 20h e ás 21h. AUTODEFENSA. sala 7
O profesor encargado das actividades será o instructor Juancho Vázquez, que conta con 12 títulos como campión galego e de España e 3 como campión internacional na modalidade de Kick-Boxing, entre outros numerosos logros deportivos. As clases serán de entrada libre para todos os abonados del centro.