Nesta época todo transcorre a un ritmo moi acelerado. Esta rapidez sentímola en nós mesmos e nas relacións cos demais. De aí a importancia de que cada un de nós conecte consigo mesmo. E para axudarnos nesta conexión o Gong é unha ferramenta moi útil.
O Gong é un instrumento que se usa dentro da sono-terapia e a meditación polo profundo efecto que produce sobre o corpo e a mente. As persoas interesadas en aprender a traballar con el terán unha oportunidade este sábado, 1 de decembro, no Multiusos Fontes do Sar, entre as 17.30 e as 19.30h.
O Gong afecta directamente á mente e ás emocións. O son produce una profunda relaxación, reduce o estrés, as tensións que poden dar lugar a enfermidades, e libera a mente. O resultado é diferente en cada persoa.
Programa do obradoiro:
Prepararemos o corpo cunha serie de doados exercicios de estiramentos.
Prepararemos a mente con técnicas de relaxación.
O son dos Gongs entrará no noso corpo e mente durante aproximadamente uns 45 minutos.
Outros instrumentos como as tazas tibetanas, sansula, shrutibox, shanti, pao de chuvia, shakers, spiritchimes, seadrumetc… tamén estarán na sesión en diferentes momentos.
É preciso traer roupa cómoda, manta e auga para hidratarse.
Profesor:
O obradoiro estará impartido por Toño González, profesor de ioga nas instalacións, formado no Camiño do Gong por don Conreaux, mestre mundial deste instrumento.
Prezo e forma de pago:
O obradoiro custará 17 € a abonados do Multiusos Fontes do Sar / C.D. Santa Isabel e alumnos das clases de ioga, e 20 € ao resto. Pagarase directamente ao instrutor Toño nas súas clases de ioga e taichi antes do venres 30 de novembro. Para calquera consulta podes poñerte en contacto con el (tlfn. 650 377 718).