Actívate despois do verán coas actividades gratuítas do MULTIACTÍVATE

O Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel poñen en marcha o programa MULTIACTÍVATE, para animar a todos os composteláns a activarse despois dos meses de verán. Durante os meses de setembro e outubro desenvolveranse unha serie de actividades de acceso gratuíto no Multiusos destinadas tanto a abonados como non abonados das instalacións. Consulta o programa e… MULTIACTÍVATE!

SETEMBRO:

XOGA GRATIS AO PÁDEL.
CANDO?
Entre o luns 3 e o domingo 9
ONDE?
Nas pistas de pádel descubertas de Sar
COMO?
Reserva pista nas piscinas Fontes do Sar e xoga con quen queiras ao pádel unha hora gratis!

ATRÉVETE CO TRX.
CANDO?
Luns 17, martes 18, mércores 19 e xoves 20 ás 19h;
luns 17 e mércores 19 ás 20.15h
ONDE?
Na sala de TRX do Multiusos.
COMO?
Inscríbete previamente en control de accesos do Multiusos Fontes do Sar e proba gratis a clase dirixida de TRX!

PROBA A PLATAFORMA VIBRATORIA.
CANDO?
Entre o luns 10 e o venres 14
ONDE?
En Multiestetic, o centro de estética do Multiusos do Sar
COMO?
Pide cita en Multiestetic (tlfno. 981 568 163) e desfruta dunha sesión de plataforma vibratoria de balde!

COÑECE OS BENEFICIOS DO PILATES REFORMER.
CANDO?
Martes 25 ás 11h, 11.30h, 17.15h, 20h, 20.30h e 21h
Xoves 27 ás 11h, 11.30h, 17.15h, 20h e 20.30h.
ONDE?
No hall do Multiusos Fontes do Sar
COMO?
Anótate en control de accesos do Multiusos Fontes do Sar e asiste a unha sesión de Pilates Reformer gratis!

OUTUBRO:

MASTERCLASS DE BOXEO.
CANDO?
Luns 1 e mércores 3 ás 21.05h
ONDE?
No hall do Multiusos Fontes do Sar
COMO?
Descarga adrenalina cos teus amigos nunha clase especial de boxeo no hall. Non precisas anotarte previamente.

MASTERCLASS DE COMBAT.
CANDO?
Luns 8 e mércores 10 ás 21.15h.
ONDE?
No hall do Multiusos Fontes do Sar
COMO?
Divírtete nunha sesión de Combat diferente! Non é necesario inscribirse antes.

MASTERCLASS DE FITBIKE.
CANDO?
Luns 22 ás 20.15h e ás 21.15h
ONDE?
No hall do Multiusos Fontes do Sar
COMO?
Inscríbete previamente en control de accesos do Multiusos Fontes do Sar e goza dunha clase maxistral sobre a bicicleta!

MASTERCLASS DE BODYJAM.
CANDO?
Xoves 25 ás 21.15h.
ONDE?
No hall do Multiusos Fontes do Sar
COMO?
Móvete ao ritmo de Bodyjam e invita a quen ti queiras! Non fai falta que te anotes antes, podes acceder libremente.

Pin It