A pasada fin de semana celebrouse nas pistas de pádel de Sar a fase local de Santiago do II Open de Pádel Feminino Cadena 100, no que resultou campiona a parella formada por Alicia Seijas e Marta Muñoz. O campionato estaba enmarcado dentro do programa de actividades das festas da Ascensión e contou coa colaboración de Coca Cola e as tendas Centro Deportivo.
Alicia Seijas e Marta Muñoz impuxéronse na final a Majú Besada e Natalia Martínez por un doble 6-1, logo de superar as rondas anteriores sen dificultade. Como premio recibiron de mans do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e do xerente do Multiusos Fontes do Sar, Santiago López Cuadrado, un vale regalo de 100 € para gastar en material nas tendas Base Centro Deportivo. Amais, asistirán á proba galega o 2 de xuño en Santiago de Compostela, na que se xogan o participar na final nacional que se disputará en Madrid o 17 de xuño.
No cadro de consolación a parella formada por Eva Tubío e Cristina Seijas foi campiona, e a que integraban Marta Fraga e Pilar González, subcampiona.
Máis fotos do torneo aquí