A banda navarra MAREA estará o 24 de marzo no Multiusos Fontes do Sar

A banda de rock’n’roll Marea volverá ao Multiusos Fontes do Sar a noite do sábado 24 de marzo. O grupo navarro liderado por Kutxi Romero estará en Santiago para presentar o seu último álbum, “En mi hambre mando yo”. As localidades están á venda de xeito anticipado a un prezo de 20€ a través de www.losmarea.com, www.entradas.com, 902 22 14 24, NovaCaixaGalicia (902 43 44 43; www.novacaixagalicia.es), Red de Cajeros de CajaMadrid, CajaNavarra, Ibercaja y Grupo Rural, Red TicketMaster, www.ticketmaster.es, 902 15 00 25, FNAC, Carrefour, oficinas Halcón Viajes; e a un prezo de 24€ no despacho de localidades do Multiusos o día do evento. Prohibida a entrada a menores de 18 anos.

Logo de vender máis de 60.000 entradas e esgotar localidades en cidades como Valencia, Granada, Badalona, Bilbao ou Madrid, Marea a banda navarra arrincará unha mini-xira latinoamericana con paradas en Santiago de Chile, Bogotá (Colombia) e as localidades arxentinas de Santa María de Punilla, en Córdoba, Rosario, Mar del Plata e Buenos Aires. Á volta de Latinoamérica, Marea arrincará en marzo a segunda parte do seu exitoso tour. As dúas primeiras datas en anunciarse foron Santiago de Compostela (24 de marzo, Multiusos Fontes do Sar) e Santander (30 de marzo, Palacio de los Deportes).

SERVIZOS DE TRANSPORTE PARA O CONCERTO DE “MAREA” NO MULTIUSOS FONTES DO SAR
Detállanse de seguido os servizos de transporte urbano con motivo do concerto:
SERVIZO LANZADEIRA desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19.00 h.
A LIÑA C11 (circular de Fontiñas) accede ao multiusos Fontes do Sar nalgunhas das súas viaxes o sábado pola tarde: 18:30, 19:00, 19:30, 20:00, 20:55 e 21:30 (horas de paso aproximadas por Xeneral Pardiñas). As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro.
Ao remate do concerto, manterase o SERVIZO LANZADEIRA desde o multiusos con destino á rúa de Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia).

Pin It