O instructor Juancho Vázquez imparte a nova clase dirixida de boxeo todos os luns e mércores ás 21.05h na sala 7 do Multiusos Fontes do Sar. Na actividade, dunha hora de duración, o alumno realizará unha intensa actividade física co uso de elementos que axudan a descargar enerxía negativa: traballo de saco, puching ball, paos, lastres, manoplas… A clase é de acceso libre e gratuíto para todos os abonados.
O boxeo está orientado a calquera usuario maior de 18 anos, sen que importe a súa condición física. A clase é apta para todos os públicos, tanto para quenes buscan estar en forma e facer exercicio, como para quenes queiran chegar incluso ata a alta competición. De feito, na clase crearanse subgrupos e o instructor centrará a súa atención en cada persoa dependendo da súa condición física, o seu grao de preparación técnica, os seus obxectivos finais…
A actividade de boxeo pretende cambiar a imaxe desvirtuada que deste deporte ten moita xente. Entre a sociedade pervive a idea de que é un deporte de excesivo perigo e contacto, cando en realidade se trata dun adestramento moi completo no que hai escasas lesións. Nesta actividade traballamos todos os grupos musculares, adquirimos unha gran forma física e aumentamos a nosa autoestima, entre moitos outros beneficios.
O boxeo xorde no Multiusos Fontes do Sar do éxito acadado con outra actividade de gran acollida nas instalacións, o Light Contact. Son moitos os usuarios enganchados a esta clase impartida tamén polo instructor Juancho Vázquez. Amais, no terreo de competición, en tan só un ano téñense conseguido grandes logros en kick boxing: dous campionatos e tres subcampionatos galegos; seis ouros, cinco pratas e oito bronces en campionatos rexionais; e unha medalla de bronce no Campionato de España.