· TORNEO LIBRE
(As parellas poderán ser masculina, femenina ou mixta) con inscrición gratuíta para abonados e 10€ (por parella), para non abonados.
· DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN
Sábado 7 e domingo 8 de xaneiro de 10:00 a 20:00 horas nas pistas de pádel de Sar.
· PARTICIPANTES
A partires de 16 anos, cun máximo de 32 parellas.
· INSCRICIÓN
Unha por persoa, de xeito presencial na recepción das piscinas de Sar, dende o luns 19 de decembro ata o mércores 4 de xaneiro en horario de apertura.
· FORMATO
Cadro principal e cadro de consolación.
· SISTEMA DE XOGO
Eliminatorias con partidos a 9 xogos. As parellas que perdan na primeira ronda pasan ao cadro de consolación. O resto de partidos é eliminación directa.
· PREMIOS
CADRO PRINCIPAL
1ª CLASIFICADA: trofeo + 2 palas de pádel + sesión de aparatoloxía estética + 4 clases particulares de pádel
2ª CLASIFICADA: trofeo + sesión de aparatoloxía estética + 4 clases particulares de pádel
CADRO DE CONSOLACIÓN
1ª CLASIFICADA: trofeo + 2 clases particulares de pádel
2ª CLASIFICADA: trofeo + 2 clases particulares de pádel