O Cirque du Soleil regresa ao Multiusos Fontes do Sar, desta volta co seu espectáculo “Alegría”, que estará en Compostela entre o 7 e o 11 de decembro grazas ao patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Santiago será unha das cinco cidades de España onde actuará a compañía con base en Montreal, xunto a Málaga, Zaragoza, Granada e Bilbao.
O espectáculo “Alegría” é un dos “clásicos” do repertorio desta compañía. En total será un elenco de 55 artistas e músicos, procedentes de 17 países diferentes, os que darán forma ao show en Santiago. Trapecistas columpiándose a máis de doce metros de altura, coreografías con sistemas de trampolíns ocultos que xogan coa fantasía do espectador, barras rusas e barras de equilibrio onde os artistas brican polo aire dando xiros imposibles, serán algúns dos números que se poderán ver en “Alegría”, un espectáculo aplaudido xa por máis de dez millóns de persoas en todo o mundo.
O ano paso foron máis de 30.000 persoas as que disfrutaron das funcións do Cirque du Soleil en Santiago, co seu espectáculo “Saltimbanco”, unha mestura de música, luz e acrobacias que a compañía levou por éxito por 75 cidades de todo o mundo. A actuación do Cirque du Soleil enmarcouse dentro da programación cultural do Xacobeo. O seu éxito fixo que fose un dos eventos aos que a Xunta da Galicia traballou para darlle continuidade, neste caso da man do patrocinio da Cidade da Cultura de Galicia.
DATAS E HORARIOS
Mércores 7 de decembro ás 17:30h
Mércores 7 de decembro ás 21:30h
Xoves 8 de decembro ás 17:30h (tarifa Premium)
Xoves 8 de decembro ás 21:30h (tarifa Premium)
Venres 9 de decembro ás 17:30h
Venres 9 de decembro ás 21:30h (tarifa Premium)
Sábado 10 de decembro ás 17:30h
Sábado 10 de decembro ás 21:30h (tarifa Premium)
Domingo 11 de decembro ás 17:00h
Domingo 11 de decembro ás 21:00h.
PREZOS
Prezos normais:
60 € + gastos
55 € + gastos
40 € + gastos
30 € + gastos
Prezos Premium:
62,50 € + gastos
57,50 € + gastos
42.50 € + gastos
32,50 € + gastos
Para os nenos de 2 a 12 anos aplicarase o 20% de desconto.
PUNTOS DE VENDA
www.livenation.es
www.ticketmaster.es. TEL: +34 902 15 00 25
www.servicaixa.com. TEL: +34 902 33 22 11
www.elcorteingles.es/entradas. TEL: +34 902 40 02 22
RECOMENDACIÓNS DE ACCESO AO MULTIUSOS FONTES DO SAR
. Haberá un servizo lanzadeira os días do espectáculo dende unha hora e media antes do inicio de cada sesión co seguinte percorrido: saída da rúa RAMÓN PIÑEIRO (lateral Parlamento de Galicia) – Avda. de Lugo – MULTIUSOS. Manterase o servizo ao finalizar cada sesión, saíndo do MULTIUSOS e acabando en RAMÓN PIÑEIRO.
. As liñas circulares do transporte urbano C2, C4 e C5 inclúen no seu percorrido o barrio de Fontiñas e a rúa Londres (parada máis próxima ao Multiusos), e as liñas C6, C9 e C11 teñen paso directo polo Multiusos. Máis información no 901 12 00 54 ou www.tussa.org.
. As portas do Multiusos abriranse 1 HORA ANTES do inicio de cada espectáculo.
. Habilitarase o aparcadoiro da Ciudade da Cultura de Galicia, para o que se accederá pola Avda. Manuel Fraga.
. Prégase a quenes asistan á segunda función do día que non accedan ao recinto ata as 20.30 h.
. Prégase empreguen na medida do posible o transporte público e atendan ás indicacións dos efectivos da Policía Local do Concello de Santiago.