Os días 22 e 23 de outubro celébrase nas pistas de pádel de Sar o I Open de Pádel Feminino Cadena 100, que conta coa colaboración do Concello de Santiago e o Multiusos Fontes do Sar, e o patrocinio de CocaCola e Trident Senses. Nesta proba, a primeira que se celebra na instalación xestionada por XADE, poden participar mulleres a partir de 16 anos sen necesidade de que teñan licencia federativa. As interesadas en inscribirse poden facelo de xeito gratuíto entregando o formulario de inscrición na recepción das piscinas Fontes do Sar ou mandándoo escaneado a padel@multiusos.net entre o luns 17 e o venres 21 de outubro ás 18h.
O venres ás 18:30h realizarase o sorteo entre todas as parellas inscritas e comunicaráselle por teléfono a hora do seu primeiro partido. O sábado todo o día terá lugar a fase local de Santiago, da que sairán dúas parellas que desputarán o domingo pola mañá a fase rexional. A parella gañadora nesta fase asistirá á proba nacional en Madrid o 27 de novembro con todos os gastos pagados! Amais, as parellas gañadoras de cada unha das fases levarán un trofeo e un agasallo.
Descarga aquí o cartel do torneo
Descarga aquí o regulamento
Descarga aquí a folla de inscrición(deberás entregala debidamente cumprimentada na recepción das piscinas Fontes do Sar ou enviala escaneada a padel@multiusos.net e agardar a confirmación da túa inscrición).