Xa están abertas as pistas de pádel e tenis de Sar con prezos reducidos para abonados

Xa están abertas as pistas de pádel e tenis de Sar, ás que poden acceder abonados e non abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel. As persoas abonadas, amais da cota mensual correspondente que lle permite facer uso dos outros servizos da instalación, abonarán 1 € por cada hora de uso, mentres que as non abonadas pagarán 5€ polo mesmo período de tempo. En calquera caso, se os usuarios queren luz deberán pagar entre todos os xogadores da pista 1€ / hora.

Información e reservas
Para que resulte cómodo e doado habilítanse tres vías de información e reserva:
– de xeito presencial na recepción das piscinas Fontes do Sar
– por teléfono no 981 568 162 (só abonados)
– a partir do mércores 19 de outubro por Internet en www.multiusos.net

Horario de apertura
As pistas de pádel e tenis de Sar permanecen abertas de luns a domingo. De luns a venres poden ser empregadas de 7 a 23h; e os sábados e domingos de 9 a 20h. En total están abertas 102 horas á semana.

Obras e melloras
As obras e melloras na instalación (peche perimetral, acondicionamento da zona axardiñada, construción de dúas novas pistas de pádel…) realizarase ao tempo que se fai uso das pistas, e prevese estean rematadas antes de que finalice o ano.

Cursos
En novembro empezarán cursos de pádel e tenis de carácter mensual nas pistas de Sar enfocados tanto a adultos como a nenos, a abonados e non abonados. Os abonados dos centros terán prezos máis económicos.

Descarga aquí a normativa de uso das pistas.

Pin It