Vivimos unha etapa de constantes cambios, na que se pode apreciar unha evolución moi rápida nos campos da saúde e do fitness. O que antes eran simples “ximnasios” hoxe denomínanse “clubes” ou, incluso, “centros de saúde”, e existe na maior parte destes centros unha nova orientación cara o concepto do Wellness & Fitness. Esta mesma demanda social favoreceu nos últimos anos a figura do adestrador persoal, un profesional capaz de realizar funcións de valoración, deseño de programas e planificación do adestramento individualizado, integrando amais hábitos de vida saudable.
Os seus servizos xa non son tan só para persoas adiñeiradas, famosos ou atletas de alto nivel. Na segunda década do século XXI os adestradores persoais traballan, sobre todo, con cidadáns de nivel económico medio, que valoran a súa saúde e destinan unha parte dos seus ingresos a coidar o seu corpo e manterse activos, sexa no seu propio domicilio, no ximnasio ou ao aire libre.
A axuda necesaria
As metas que un cliente se impón cando decide “invertir” nun adestrador persoal adoitan ser bastante semellantes. En primeiro lugar, polo menos inicialmente, unha porcentaxe moi elevada busca baixar de peso e mellorar o seu aspecto externo. A historia é común: persoas que moitas veces se puxeron a dieta ou tentaron conseguir unha forma física óptima e non o conseguiron. O fracaso é habitual porque, en realidade, a tarefa non é doada. Hai moitos factores a ter en conta e todos xogan un papel crucial no resultado final.
Aí é onde precisamos a axuda dun adestrador persoal, que saberá perfectamente como sacar o máximo rendemento ao noso físico e ensinaranos a adestrar dun xeito adecuado ás nosas posibilidades, conseguindo resultados dun xeito máis efectivo, e en menos tempo. Non vale iso a pena?
Cuestión de tempo
Na sociedade moderna os prazos son fundamentais. O cidadán medio está disposto, en efecto, a “rascar o peto” para contratar un adestrador pero pide a cambio resultados, e quere velos rápido. O adestrador persoal non pode deixarse arrastrar nunha carreira contrarreloxo extrema, pero é evidente que sabe que gran parte do éxito pasa por conseguir que o cliente se vexa ben nun prazo curto.
A segunda gran batalla, a que máis importa ao verdadeiro profesional, está en conseguir que eses resultados se extendan no tempo, que a persoa que o contratou non vexa só melloras na báscula senón tamén no seu estado de saúde, no seu metabolismo, na súa psique incluso. O adestrador persoal convértese, así, nalgo máis ca nun “contador de abdominais”, ou nese ogro ao que temer se na pesada semanal se descubre que te pasaches cos doces e non baixaches nin un gramo. Un bo adestrador pon todos os seus coñecementos ao servizo do cliente, conseguindo motivar ao adestrado, facer que siga mellorando, poñendo o seu corpo en forma, desfrutando do deporte e descubrindo unha nova fonte de saúde que lle acompañará sempre.
Un anxo da garda
Poucas persoas que non sexan deportistas se queixan dos meniscos, de roturas fibrilares ou de lesións de cóbado. O deporte ten múltiples vantaxes pero tamén algún pequeno inconvinte. Adestrar cun entrenador persoal axuda a minimizar estes riscos, evitándonos problemas por adestramentos mal planificados ou executados, e no caso dos nutricionistas deportivos, alonxando tamén a pantasma das dietas inadecuadas.
Un bo adestrador persoal guía ao seu cliente adaptándose a el, indagando nas súas pretensións para axudarlle a establecer obxectivos realistas e saudables, creando rutinas adecuadas para a súa idade, evitando lesións en grupos de risco especial (como roturas por osteoporose en mulleres menopáusicas) e deseñando programas de entreno que o interesado poida realizar nos horarios que máis lle conveñan.
Busque, compare… e atope o seu adestrador ideal
Cada vez máis profesionais do fitness e licenciados en Ciencias do Deporte e a Educación Física deciden explorar profesionalmente a saúda do adestramento persoal. Para os futuros clientes, en moitos casos, solicitar os seus servizos suporá unha inversión importante, e precisan saber que a súa elección será a correcta. Un bo comenzo sería plantexar se ese adestrador cumpre con determinados requisitos.
Os máis importantes son, na miña opinión, que conte cunha experiencia demostrada e a titulación adecuada. Amais, pódenos axudar a percibir a súa profesionalidade o ver nel seriedade, educación, puntualidade e bo nivel cultural.
Podo ou non permitirme un adestrador?
A pregunta debería ser ¿necesito un adestrador? Se a respuesta é “sí”, porque así mellorarei a miña saúde e o meu aspecto, o normal é que iso supoña, amais, un “sí” á outra cuestión. Se preciso un adestrador debo gastarme niso algo de cartos, antes que en bolsos, viños, ou teléfono móbil, por poñer exemplos de gasto cotiá. Un adestrador non é sinónimo de luxo nin de dispendio. Axustaremos o seu coste segundo as sesións que contratemos, ou evitando ter que pagarlle desprazamentos ao noso domicilio concertando citas en ximnasios ou centros cos que o adestrador traballe. Tamén podemos compartir adestramento coa nosa parella ou un bo amigo, opcións para as que adoita haber ofertas con certo desconto nas tarifas.
Se imos moi axustados tampouco temos por que renunciar por completo aos beneficios dun adestrador persoal. En vez de pagar para que nos acompañe en cada adestramento podemos comprar varios bonos e “exprimilos”, tomando boa nota e aprendendo todo o posible en cada clase. Se pagamos un adestrador para que nos dea catro ou cinco clases maxistrais de como usar un pulsómetro, como empregar as máquinas de peso do ximnasio, ou como facer un circuito de cardio, podemos avanzar moito na nosa forma de facer exercicio físico e conseguir mellores resultados.