Moitos cidadáns descoñecen que a liña C11, cunha frecuencia de 15 minutos nos días laborables, transcorre actualmente ata o Multiusos Fontes do Sar. Ou que hai ata cinco liñas con diferentes percorridos que fan parada no Complexo Deportivo Santa Isabel (liñas 4, 13, C2, C4, P7). Por iso, para informar aos cidadáns de Santiago de Compostela da oferta de transporte urbano que chega ata o Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel, e co fin de achegalos máis ao deporte, nace a campaña conxunta “TRANSPÓRTATE AO DEPORTE”, amparada por XADE e TUSSA.
A campaña TRANSPÓRTATE AO DEPORTE estará presente entre os composteláns a través de insercións na prensa, cuñas na radio, mupis no circuito de Santiago, carteis, flyers e a traseira dun autobús. O obxectivo é comunicar aos composteláns as liñas que poden empregar para asistir ás instalacións deportivas ao tempo que se lle ofrece unha boa alternativa para que gocen dun contacto máis directo co deporte.
Liñas do transporte urbano por multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel.
1. Por Multiusos Fontes do Sar:
1.1. Liña C5: dirección Fontiñas, San Lázaro, Amio e polígono da Costa Vella.
Frecuencia: de luns a venres laborábeis e sábados pola mañá: cada 60 minutos.
1.2. Liña C6: dirección Paxonal e rúa do Hórreo.
Frecuencia: de luns a venres laborábeis e sábados pola mañá: cada 60 minutos.
1.3. Liña C9: saídas do multiusos cara Fontiñas, San Roque, rúa da Rosa e Avda. Lugo.
De luns a venres (saídas do multiusos): 8.15 h 8.45 h 9.20 h 10.00 h 10.40 h 11.10 h 11.40 h 12.10 h 12.40 h 13.15 h 16.15 h 16.45 h 17.25 h 18.05 h 18.45 h 19.25 h 20.05 h 20.45 h 21.20 h 21.50 h 22.20 h e 22.45 h.
1.4. Liña C11: por multiusos cara Fontiñas, Avda. de Lugo, Xeneral Pardiñas e pza. de Galicia. Frecuencia: de luns a sábados laborábeis: cada 15 minutos.Domingos pola mañá: cada 30 minutos. Domingos pola tarde: cada 20 minutos.
2. Por Complexo Deportivo Santa Isabel:
2.1. Liña 4: dirección Galeras, rúa da Senra e As Cancelas, ou dirección Vista Alegre e Romaño. Frecuencia: de luns a sábados laborábeis: cada 30 minutos. Domingos: cada 60 minutos.
2.2. Liña 13: dirección Casas Novas, ou dirección rúa da Senra, Guadalupe e Boisaca.
Frecuencia: de luns a venres laborábeis e sábados pola mañá: cada 60 minutos.
2.3. Liña C2: dirección estación de autobuses, Fontiñas e hospitais.
Frecuencia: de luns a venres laborábeis: aproximadamente cada 40 minutos. Sábados, domingos e festivos: cada 60 minutos.
2.4. Liña C4: dirección hospitais, Fontiñas e estación de autobuses.
Frecuencia: de luns a venres laborábeis: aproximadamente cada 40 minutos. Sábados pola mañá: cada 60 minutos.
2.5. Liña P7: dirección Peregrina e Grixoa. Frecuencia: variable ao longo do día. Consultar horarios.