CAVITACIÓN: a liposucción sen cirurxía que axuda a mellorar o aspecto do teu corpo. A ultracavitación é un método non invasivo que axuda a moldear o corpo e a eliminar a celulite. Este tratamento, que se oferta no centro de estética Multiestetic, no Multiusos Fontes do Sar, está indicado para casos de insuficiencia muscular, axuda a combater a pel de laranxa, a flacidez e as estrías, elimina a celulite, axuda ao adelgazamento e favorece a modelaxe. A cavitación está destinada a aquelas persoas sás que non teñen problemas hepáticos ou renais, e que buscan mellorar o aspecto do seu corpo sen ter que acudir á cirurxía.
A cavitación transforma las células grasas en una sustancia líquida que el organismo elimina. Este método consiste na xeración controlada e repetida de microburbullas de vacío no interior do líquido intercelular do tecido graxo coa axuda dun rodillo específico. As ondas ultrasónicas converxen na área de tratamento e acumúlanse nun punto producindo o efecto de cavitación. As microburbullas chocan contra as membranas das células graxas, rómpenas e liberan o seu contido, que se transforma de triglicéridos en biglicéridos. As graxas liberadas son metabolizadas a través dun proceso metabólico e fisiolóxico natural, pois eliminaranse polo sistema linfático e finalmente pola urina.
Unha técnica non dolorosa que se adoita aplicar no abdomee, pernas e glúteos. Esta técnica permite realizar tratamentos en depósitos graxos localizados e celulite. É moi apropiada para a zona do abdome, as cadeiras, as cartucheiras, a cara interna dos muslos e rodillas, os brazos e as costas. Amais, a cavitación conta coa vantaxe de que non ten ningún efecto secundario, non require de ningunha proba de alerxia, e non se trata dunha técnica dolorosa. Cando a persoa se somete a un tratamento de cavitación só nota calor na zona tratada.
Actúa sobre a graxa localizada, é drenante e reafirmante. Coa cavitación lógranse resultados altamente satisfactorios en reducción de volume e adiposidade dende a primeira sesión. Normalmente realízase unha serie de 4 sesións, deixando como mínimo 20 días entre elas, para acadar un resultado evidente e permanente. Con este tratamento conséguese eliminar a celulite, a pel de laranxa, a flacidez e as estrías, favorécese a emulsión e expulsión dos triglicéridos, amais lógrase un aumento da permeabilidade celular, un efecto reafirmante (a pel non queda flácida, pois a graxa elimínase pouco a pouco), provócase unha drenaxe local e un efecto de sonoforesis (é dicir, mellórase a penetración de substancias no organismo a través da enerxía ultrasónica).
Recoméndase combinar a cavitación co deporte para lograr unha maior efectividade. Para conseguir mellores resultados sempre se deben combinar as sesións de cavitación coa realización de exercicio físico e unha dieta equilibrada. É moi importante coidar a alimentación e hidratarse moito antes e despois do tratamento. Asimesmo, é conveniente aplicar técnicas de aparatoloxía complementarias que axuden a incrementar os resultados, especialmente para eliminar cúmulos graxos rebeldes en zonas críticas. Pódese combinar con presoterapia, vacumterapia, plataforma vibratoria profesional… ou con masaxes localizadas ou tratamentos específicos (todos estes servizos pódense atopar no centro de beleza e benestar Multiestetic, no Multiusos Fontes do Sar).
OPCION I. Tratamento Reductor: Sesión de Cavitacion + Sesión Aparatoloxia. Para abonados, 1 sesión 48€; bono 3+1= 144€; bono 4+2= 192€. Para non abonados, 1 sesión 70€.
OPCIÓN II. Tratamento Modelador: S.Vacumterapia + S.Aparatologia. Para abonados, 1 Sesion 40€; bono 3+1= 120€; bono 4+2= 160€. Para non abonados, 1 sesión, 60€.
OPCION III. Tratamento Reductor-Modelador: S.Cavitacion + S.Vacumterapia + S.Aparatoloxía. Para abonados, 1 sesión 65€; bono 3+1= 195€; bono 4+2= 260€. Para abonados, 1 sesión, 100 €.
Todos os tratamentos inclúen estudo morfolóxico e medicións corporais coa tanita. O tratamento realizarase na orde recomendada pola esteticista segundo a morfoloxia corporal a tratar. O bonos terán caducidade aos 5 meses.