Entre o 21 e o 25 de abril asistimos por primeira vez en Galicia á presentación de Saltimbanco, o maior espectáculo de acrobacias, luz e son do Cirque du Soleil. 95 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo, unha exhibición de acrobacias, maxia luz e son dirixida a todos os públicos. Máis de 40.000 persoas asistiron ás oito funcións programadas durante eses días no Multiusos Fontes do Sar.
Saltimbanco, leva na estrada desde 1992, 10 millóns de persoas gozárono desde entón, uns 5.000 shows. Cada ano Saltimbanco visita 47 cidades e agora poderemos gozalo en Santiago de Compostela nunhas noites de maxia incomparable, de música en directo e as mellores e máis difíciles acrobacias nun incomparable show do Cirque du Soleil, que contará en escena con 95 artistas de 20 nacionalidades, 140 persoas de produción local, 180 toneladas de equipos, 1.200 pezas de vestiario, conforman a trouppe de Saltimbanco, dirixido por Franco Dragone.
Cirque du Soleil é unha compañía canadense con base en Montreal, fundada en Baie-Saint-Paul en 1984 por dous artistas rueiros Guy Laliberté e Daniel Gauthier.
Cada espectáculo do Circo do Sol é unha síntese de varios estilos de circo de todo o mundo, co seu tema central e historia. Mergullan á audiencia nunha presentación continua de música en vivo, con artistas no canto de tramoyas. Despois do éxito dos Angeles Arts Festival e de Nouvelle fóronse creando novos espectáculos.
As creacións do Cirque du Soleil foron gañadoras de numerosos premios incluíndo un Bambi, un Rose d Or, tres Gemini Awards e catro Primetime Emmy Awards.