Graciela Lois Río, Psicóloga deportiva do A. Lobelle de Santiago F.S., especialista en Psicoloxía do deporte e a Actividade Física, Máster en preparación psicológica aplicada ao deporte e a actividade física, Membro da Comisión de Psicología do deporte do COPGalicia.
En xeral, é coñecido por todos que o exercicio produce efectos saudables, ben prevendo a aparición de trastornos de saúde, ben facilitando o tratamento ou rehabilitación dos mesmos. Pero esto non sucede só a nivel fisiolóxico, senón tamén psicolóxico. A actividade física non só pode engadir anos de vida, senón que existen probas que afirman que engade calidade de vida a eses anos.
Acadar as nosas metas aléntanos a crer en nós mesmos. O exercicio físico nos permite fácilmente elaborar metas intermedias que faciliten acadar un obxectivo final, dosificando tarefas e esforzo e proporcionando un aumento gradual do mesmo. A consecución destas metas produce un estado emocional positivo de sensación de logro que nos permite crer máis nun mesmo e nas nosas posibilidades. Así, extrapolamos estas vivencias a outros campos vitais, o que nos abre as portas a unha maior satisfacción persoal.
A práctica de exercicio físico de xeito regular aumenta a nosa sensación de benestar. Se practicamos exercicio físico regularmente comprobaremos que mellora a sensación de benestar, a nosa autoconfianza e autoestima, amais do funcionamento intelectual. Nos permite resistir mellor as forzas negativas como a depresión, neutraliza o estrés e nos protexe deste trastorno e da ansiedade, ao desenvolver estratexias de afrontamento positivas. Produce beneficios en procesos cognitivos como a memoria e o razonamento. Reduce a fatiga e a confusión, e canaliza a agresividade.
¿Como se explican todos estes beneficios? As respostas dadas son fundamentalmente de dous tipos, biolóxicas e psicolóxicas. As hipóteses biolóxicas inclúen explicacións baseadas no aumento da temperatura corporal, aumento do fluxo sanguíneo cerebral, incremento de endorfinas e alteracións no Sistema Nervioso Autónomo. A nivel psicolóxico, a mejora de aptitudes produce sensacións de control e mestría que conducen a sentimentos de benestar. O exercicio pode producir un estado alterado de consciencia e/ou distraer de estímulos estresantes ou causantes de ansiedade. Tamén se teñen identificado unha serie de factores entre os que se atopan: a paciencia, a capacidade para cambiar, a capacidade de xeralización, os hábitos positivos que crea e o desafogo que proporciona.
¿Canto tempo é preciso para notar os efectos positivos? Para consolidar os seus beneficios a longo prazo, é clave a adherencia. Para iso, debemos seguir as directrices dos instructores do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel, que nos orientarán nos pasos que debemos dar para realizar unha práctica progresiva e satisfactoria. É máis, é importante unir o exercicio ás relacións personais, xa que practicar deporte en compañía é aínda mellor.
O exercicio físico contribúe a unha maior estabilidade emocional e incrementa o optimismo. En xeral, poderíase dicir que as persoas que practican algún tipo de actividade física se caracterizan por ser máis independentes, ter mellor sentido do humor, ser máis pacientes e optimistas; asimesmo, adoitan posuír unha maior confianza en sí mesmos, ao igual que unha maior estabilidade emocional. Tamén adoitan caracterizarse por unha maior extroversión e sociabilidade, e un menor neuroticismo.