Light Contact, a partir do 26 de febreiro, tamén no C.D. Santa Isabel

O Multiusos Fontes do Sar incorporou en xaneiro á súa oferta de clases dirixidas unha nova especialidade, o Light-Contact. Agora, a partires do 26 de febreiro, tamén haberá clases desta especialidade no Complexo Deportivo Santa Isabel. Trátase dunha actividade de contacto que axuda a descargar adrenalina e a gañar en forza, resistencia e flexibilidade. Con este adestramento o usuario aprende a defenderse, sen que isto supoña ningún risco para a súa saúde.
Unha modalidade do Kick Boxing. O Light-Contact é unha modalidade do Kick Boxing. A súa base é a aprendizaxe e aplicación práctica das técnicas de combate. O Light-Contact é unha modalidade moi espectacular en competición, debido ao traballo dos puños de boxeo inglés e as patadas das artes marciais. Trátase dunha sesión moi dinámica, de movemento constante, que nos aporta unha gran resistencia física e que nos axuda a mellorar a nosa condición física.
Nace en EE.UU. nos años Sesenta. En 1968, en EE.UU., os campións de artes marciais e deportes de contacto crean unha modalidade deportiva totalmente renovada, que ofrece pragmatismo, amenidade e eficacia. Xa nos seus inicios contempláronse varias probas, para que cada deportista puidese escoller un tipo de competición, en función do grao de contacto que desexase; de aí que o novo deporte adoptara os conceptos Light-Contact e Full-Contact.
Unha actividade dirixida apta para calquera persoa, independentemente da súa condición física. Esta clase está orientada a calquera usuario maior de 18 anos, sen que importe a súa condición física. O instructor guía á persona para que realice os movementos correctamente e con precisión, para que non resulte en absoluto agresivo, e para que o usuario se adapte á clase en función da súa condición. Amais, una clase moi dinámica na que o adestramento se entende como un momento de aprendizaxe e diversión.
Unha clase divertida na que acadamos resultados a medio plazo. Tanto no traballo individual no seo da clase como en parellas e cos aparellos (puching-ball, saco, combas, paos, etc), a actividade resulta estimulante para todos os asistentes. Pouco a pouco, de xeito progresivo, notarán como adquiren habilidades nesta disciplina e como consiguen unha notable melloría física nun curto espazo de tempo. Os usuarios non teñen que levar ningún material adicional para a práctica da actividade, pois todos os elementos necesarios se atopan na clase.
Reduce o estrés e aumenta a autoestima. Está demostrado que os deportes de combate descargan máis adrenalina que calquera outro deporte. Esto débese en gran medida a que conlevan unha intensa actividade física, e o uso de elementos que axudan a descargar enerxía negativa: traballo de saco, puching ball, paos, manoplas… Amais de conseguir un maior desenvolvemento físico e técnico coa asistencia regular a esta sesión, o practicante de Light-Contact adquire coñecementos de defensa persoal, o que lle axuda a aumentar a seguridade en sí mesmo e a súa autoestima.
HORARIO DE LIGHT CONTACT NO MULTIUSOS FONTES DO SAR
– luns, de 19:30 a 21:00h.
– xoves, de 19:30 a 21:00h.
HORARIO DE LIGHT CONTACT NO COMPLEXO DEPORTIVO SANTA ISABEL (desde o 26 de febreiro)
– martes, de 18:00 a 19:00h.(sala 3)
– venres, de 18:30 a 20:00h. (sala 1)

Pin It