O grupo Encanto amosou o seu repertorio máis coñecido na súa única actuación en Galicia, no compostelán Multiusos Fontes do Sar, ante máis de 3.500 persoas. Os actores, bailaríns, cantantes, acróbatas e músicos que compoñen o grupo EnCanto, apoiados por catro títeres de tamaño humano, fixeron que o público se entregara por completo e se divertirá ao máximo na súa actuación no Multiusos Fontes do Sar. A imaxinación e a fantasía de CantaJuego captaron por completo a atención dos rapaces e rapaces galegos durante os máis de 90 minutos que durou o seu directo en Santiago. A música e os movementos das súas cancións máis coñecidas (“Tallarín”, “La taza”, “El cocodrilo”…) e os múltiples villancicos que cantaron e coreografiaron, fixeron que os nenos, pero tamén os pais, o pasaran en grande ao longo de todo o recintal, e que remataran o espectáculo arremolinados diante do escenario para gozar máis preto dos personaxes. A actuación estivo apoiada pola Concellaría de Educación de Santiago e Fundación Caixa Galicia.
CantaJuego converteuse nos últimos anos nunha das propostas musicais e didáctivas preferidas polos nenos e polos seus pais. Trátase dun proxecto pedagóxico e musical en formato audiovisual, desenvolvido por especialistas na estimulación psicomotriz e o traballo psicopedagóxico. Especialmente orientado aos nenos e nenas de 0 a 6 anos, “Cantajuego” propón empregar a música e o movemento para poñer en funcionamento a imaxinación e a fantasía e, en definitiva, para axudar a desenvolver a psicomotricidade, potenciar o mundo afectivo e as relacións sociais.