O mércores 13 de maio Piti Pinsach (D.E.A. Morfoloxía Médica, Lcdo. Ciencias da Actividade Física e do Deporte) e Fran Gómez (adestrador persoal, nutricionista deportivo e instructor de RSF) impartirán un curso intensivo de Reprocessing Soft Fitness (R.S.F.©) no Multiusos Fontes do Sar. Ofrecerase unha sesión de mañá, de 11 a 12:30h. e outra de tarde, de 19:30 a 21h.
R.S.F.© é un novidoso e eficaz sistema que permite reducir o perímetro da cintura nun 8%, mellorar a postura e reducir a dor de costas, aumentar o ton do solo pélvico e da faixa abdominal nun 58%, mellroar as prestacións sexuais en homes e mulleres ao incrementar a cantidade de sangue que chega ao solo pélvico, diminuír a incontinencia urinaria leve nun 95% e a moderada nun 60%, aumentar a forza nun 20%, mellorar a vascularización e a resitencia, aumentar a forza explosiva e a capacidade anaeróbica ao aumentar o metabolismo nun 15%.
O prezo do curso é de 50 €, o que inclúe Dossier Personalizado® con exercicios e protocolo do método R.S.F.© Non dispoñible en librerías nin Internet. Información e inscripcións na recepción do Multiusos Fontes do Sar.