O mércores 4 de marzo presentouse na pista central do Multiusos Fontes do Sar a nova coreografía de BodyStep (coreografía 75). Ao longo de unha hora os asistentes divertíronse aprendendo os novos pasos desta moderna disciplina do step. A clase estivo impartida polos instructores das instalacións Sergio Vázquez, Aurora Besteiro, Paula García, Isabel Agasi e Manuel Salvado. O acceso foi libre e gratuíto para os abonados das instalacións deportivas. Na actividade participaron preto de noventa persoas.
Noticias Relacionadas
-
O sábado 21 celebramos unha xornada depo...
16/12/2024 -
Este Nadal regala saúde… e gaña de...
12/12/2024 -
Unímonos á campaña de recollida de agasa...
10/12/2024 -
Consulta aquí os nosos horarios de apert...
05/12/2024