O domingo 25 de xaneiro pechou as súas portas a pista de xeo instalada no recinto feiral de Amio por iniciativa do Multiusos Fontes do Sar e do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, e grazas á colaboración de Obra Social Caixa Galicia, Xacobeo e Gadis. A instalación permaneceu aberta ao público durante máis dun mes, dende o 19 de decembro, tempo durante o cal se rexistraron 20.670 visitas, unha cifra que supera á do ano pasado (cando se contabilizaron un total de 17.747 entradas). O 15% das persoas que asistiron eran abonadas ao Multiusos Fontes do Sar ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel, polo que se puideron beneficiar dun desconto do 50% sobre o prezo da entrada.
Noticias Relacionadas
-
O sábado 21 celebramos unha xornada depo...
16/12/2024 -
Este Nadal regala saúde… e gaña de...
12/12/2024 -
Unímonos á campaña de recollida de agasa...
10/12/2024 -
Consulta aquí os nosos horarios de apert...
05/12/2024