O 20 de decembro, coincidindo co inicio das vacacións de Nadal para os máis pequenos, os nenos e nenas de Compostela gozaron dun espazo para o seu divertimento. Ese día o Auditorio de Galicia acolleu a obra de teatro musical O LIBRO DA SELVA en doble función: ás 17h e ás 19h. O LIBRO DA SELVA é unha obra de teatro musical dirixido por María Pareja, con música orixinal, cancións en directo e varios números aéreos que farán as delicias de toda a familia. Cunha coidada escenografía, na que se recrea o espazo natural onde creceu o pequeno Mowgli, e un reparto que encarna a máis de 30 personaxes diferentes, este espectáculo infantil de 80 minutos de duración ofreceu altas doses de fantasía, música, aventuras e diversión.O espectáculo estivo organizado polo Multiusos Fontes do Sar e contou coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Cultura, Fundación Caixa Galicia e Xacobeo.
Noticias Relacionadas
-
O sábado 21 celebramos unha xornada depo...
16/12/2024 -
Este Nadal regala saúde… e gaña de...
12/12/2024 -
Unímonos á campaña de recollida de agasa...
10/12/2024 -
Consulta aquí os nosos horarios de apert...
05/12/2024