O Multiusos Fontes do Sar acaba de incorporar unha nova máquina revolucionaria no mundo do fitness e da estética, unha plataforma vibratoria BODY COACH, que está situada no centro de beleza MULTIESTETIC. Prezo das sesións (20 minutos/sesión):
Abonados ao Multiusos Fontes do Sar e ao Complexo Deportivo Santa Isabel:
– 1 sesión: 8 euros
– Bono 10 sesións: 60 euros (6 euros/sesión)
– Bono 20 sesións: 110 euros (5,50 euros/sesión)
– Bono 40 sesións: 200 euros (5 euros/sesión)
Non abonados:
– 1 sesión: 12 euros
– Bono 10 sesións: 100 euros (10 euros/sesión)
En qué consiste
Trátase dun adestramento baseado na vibración de todo o corpo, de tal xeito que a través dunha serie de estímulos se logra contraer os músculos de xeito automático. Adoptando diferentes posturas permite adestrar todos os músculos do corpo, reducir a talla ou reducir a celulite.
Importantes beneficios
Un dos principais atractivos da plataforma vibratoria é o aforro de tempo: 10 minutos de uso equivalen a case 2 horas de adestramento tradicional. Amais, entre os seus numerosos beneficios están a mellora da circulación sanguínea, o aumento da forza e a flexibilidade muscular e unha mellora da coordinación e do sentido do equilibrio. Segundo o xeito de traballo, permitirá reducir ou elmininar a celulite, reducir a masa adiposa ou desenvolver os músculos dun xeito máis rápido.