O 17 de novembro a banda madrileña de pop-rock Pereza fixo parada no Multiúsos Fontes do Sar para presentar o seu novo disco, Aproximaciones, que saiu á venda o 28 de agosto de 2.007 e que está a gozar de gran aceptación en España. Tres mil quinientas persoas corearon as cancións deste último elepé e os seus maiores éxitos na súa curta carreira musical.
Ás nove e media da noite deu comezo a cita musical do sábado no Multiúsos con dous grupos teloneiros: “El Alpinista” e “Sidecar”. As dúas bandas, ambas de recente creación, quentaron motores e prepararon o ambiente para a chegada dos máis esperados.
Ás 22:55, e coa pista central do Multiúsos abarrotada, saltaron ó escenario os músicos estrela desa noite, os madrileños Rubén e Leiva. Arredor de 3.500 persoas, na súa maioría rapazas moi novas, corearon ata a saciedade as cancións que empuxaron ó máis alto ó grupo. Pereza foi desgranando temas do seu último álbum, Aproximaciones (o seu primeiro single, “Aproximación” leva meses no máis alto da radiofórmula) pero non se esqueceu dos seus maiores éxitos, como “Princesas” e “Todo”. Ás doce e cuarto tentaron despedirse pero logo viñeron os bises, que se prolongaron case ata a unha da madrugada.